Thursday 02 de May de 2024

O Concello aprobará este mes a primeira modificación urbanística necesaria para facer realidade a estación Intermodal


 

Juan Díaz Villoslada anuncia que a próxima semana aprobarase a primeira das accións que debe tramitar o Concello para dar luz verde ás obras da Xunta

O concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta mañá unha reunión en Santiago a tres bandas, coa Xunta de Galicia e ADIF, para abordar conxuntamente os pasos a seguir para acometer as obras da Estación Intermodal.

Villoslada confirmou que levará á Xunta de Goberno Local da próxima semana (25 de setembro) a primeira das modificacións puntuais necesarias para acometer os traballos que realizará a Xunta, a que afecta ás avenidas da Sardiñeira e Arteixo.

Para que a Xunta e Adif inicien o seu proxecto construtivo (ambas as dúas necesitan dos novos accesos) precisan que o Concello asuma dúas modificacións urbanísticas no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a que afecta as avenidas da Sardiñeira e Arteixo, e unha segunda, que só afectaría á avenida da Sardiñeira. Lembra que a actuación nos accesos na avenida do Ferrocarril pódese levar a cabo sen necesidade de modificar as normas actuais de plan. De feito, Villoslada xa traballa para poder realizar estas obras en 2020.

Doutra banda, as tres administracións abordaron o convenio do 2018, que non

se “repasaba” desde o pasado mes de novembro, polo que apunta que haberá

pequenos “axustes” no documento.

Así mesmo, explicou que a obra de ADIF, de 48,5 millóns de euros, e que afecta á estación ferroviaria, está a piques de ser licitada, aínda que se demorou pola situación do executivo estatal. Aínda así confía en que o Estado licite canto antes estas obras que supoñen o impulso definitivo a esta infraestrutura, que levaba anos estancada e que por fin se desbloqueou.